<%=ClubInfo.Nombre %>

Erizana, nome que representa a raza, o orgullo o “manda Baiona” do recinto fortificado que acolleu as xentes bravas que intentaron repeler ós romanos.

Erizana, nome deste pobo ata que Alfonso IX dalle o de Baiona.

Erizana, que naceu antes que a a propia Baiona

O Erizana CF comezou a súa andaina en 1950 da man dos seus fundadores, o Pai Fernando Muñoz Arosa e Victorino Goce Carballo. O club federase en 1951 co nome de CF Xuvenil Erizana, e comezou a competir no campionato de zonas, onde acadou varios campionatos e copas. Os seus primeiros partidos xogounos no campo da Palma, mais trala construción do Parador de Turismo Conde de Gondomar o club viuse obrigado a disolverse en 1965.

En 1977 fundouse o Trueno de Baiona baixo a presidencia de José María Besada, e construíuse o campo de Santa Marta, na praia da Ladeira. Ao ano seguinte o equipo retomou o nome de Erizana CF.

Actualmente, o Erizana CF xoga nos campos de Val de Martín, inaugurado no ano 1994 cun partido frente a SD Compostela e no Aral-Fontiñas (2005)

O noso escudo e o noso Hino representan o que somos, a esencia dun pobo mariñeiro, loitador por necesidade e acostumado a remar contracorrente.

O Erizana é un clube modesto; unha gran familia na que xogadores, directivos e pais e nais reman na misma dirección para sacar este barco adiante.

Porque temos pasado, presente….e moito futuro

Porque Baiona sen o Erizana non se entende.

Porque o Erizana sen Baiona non se sente

¡¡Porque o Erizana se non se sente…. non se entende!!


Comparte en:

  • X (Twitter)